A estrutura cooperativa complexa que empreguei foi a de "Grupos de investigación". Para desenvolver a tarefa, desenvolvimos os seguintes pasos:
- Reparto de tipos de determinantes .-hai tantos subtipos, como equipos hai na aula-.
- Nunhas carpetas creadas previamente, compartín, a través de Google Drive, os diarios de aprendizaxe, os enderezos web onde tiñan que buscar información para realizar a tarefa e as rúbricas con que serían avaliados.
- DIARIOS DE APRENDIZAXE. Eran catro.
- No primeiro analizaban cales eran os seus coñecementos previos, realizaban -argumentadamente- o reparto de tarefas.
- No segundo, -para cumprimentar os días segundo e terceiro- debían render contas do traballo realizado e das dificultades atopadas na realización da presentación dixital ou do mapa conceptual a catro bandas que acompañaría á explicación perante os compañeiros.
- No terceiro -para cumprimentar os días terceiro e cuarto- debían analizar o estado no que se atopaba o documento no que figuraría a teoría e os exercicios que entregarían aos compañeiros e que eles posteriormente empregarían para a realización da pobra escrita.
- No cuarto abórdase o estado de desenvolvemento da presentación creativa -roleplaying, monólogo, vídeo...- co que se pretendía, buscando a interacción cos compañeiros de clase, amosar como empregamos os determinantes en situacións da vida cotiá - visión da lingua dende unha perspectiva comunicativa. A maiores, tamén se lles pedía que realizasen unha valoración, a nivel individual e de grupo, do funcionamento do equipo.
- INSTRUMENTOS AVALIACIÓN. Empreguei os seguintes métodos de análise de información.
- LISTAXE DE COTEXO: Nela enumeraba todos os conceptos teóricos que se debían abordar na presentación dixital.
- RÚBRICAS 1(para o Popplet e Mindomo) e 2 (para Power Point). Nas presentacións dixitais tiña en conta ítems coma: abórdanse todos os ítems requeridos, relacións claras entre as partes (mapa conceptual), aparencia harmónica do traballo, xeito de traballar en equipo,
- ESCALA DE RANGO para valorar a presentación oral (tamén co-avaliamos) que acompañou á explicacion do mapa conceptual. Nel valorábanse aspectos da expresión verbal (volume, pronunciación, ritmo...), da corporal (contacto visual, xestos, tranquilidade...).
- RÚBRICA 3. Era unha guía para presentación creativa. Nela tíñanse presentes aspectos coma o título do traballo, a preparación previa, a entoación, a seguridade, o emprego de pausas...
DIARIO DE APRENDIZAXE I.
Ningún comentario:
Publicar un comentario