Nesta primeira entrada, quixera comezar por unha das tarefas que me encomendaron: nada menos que debullar un dos conceptos que figura no título desta formación: AS TAREFAS INTEGRADAS. Procedo pois a comezar.
- Que dúas cousas entendo?
- Que dúas cousas me pregunto?
- Que dúas cousas aprendín ou aclarei na parada de 3'?
- ENTENDO que a concreción curricular é un elemento fundamental á hora de deseñar as tarefas integradas. E tamén que estas deben procurar aprendizaxes competencias, isto é, transferibles a outros ámbitos cotiáns, -non só ao académico- e, ademais, cómpre que se enriquezan, amplíen ao longo da vida dos nosos educandos.
- PREGÚNTOME como poderemos coordinarnos entre o profesorado para que as nosas tarefas sexan realmente integradas ou como ser rigorosos no feedback que debe imperar entre as fases que compoñen o deseño das tarefas.
- APRENDÍN que en demasiados centros de ensinanza se está poñendo o acento nas TICs e non nas TACs e que transitar pola senda da innovación metodolóxica a todos nos produce incerteza e inseguridade.
Para comezar, penso, que xa abondou!
Ningún comentario:
Publicar un comentario