mércores, 3 de maio de 2017

AS TAC NO DESEÑO DAS ACTIVIDADES INTEGRADAS

Xa me admitiron nun novo curso!!! E acuciada polas présas, para desenvolvelo, recorro a este vello portfolio.
Nesta primeira entrada, quixera comezar por unha das tarefas que me encomendaron: nada menos que debullar un dos conceptos que figura no título desta formación: AS TAREFAS INTEGRADAS. Procedo pois a comezar.

  1. Que dúas cousas entendo?
  2. Que dúas cousas me pregunto?
  3. Que dúas cousas aprendín ou aclarei na parada de 3'?
  1. ENTENDO que a concreción curricular é un elemento fundamental á hora de deseñar as tarefas integradas. E tamén que estas deben procurar aprendizaxes competencias, isto é, transferibles a outros ámbitos cotiáns, -non só ao académico- e, ademais, cómpre que se enriquezan, amplíen ao longo da vida dos nosos educandos.
  2. PREGÚNTOME como poderemos coordinarnos entre o profesorado para que as nosas tarefas sexan realmente integradas ou como ser rigorosos no feedback que debe imperar entre as fases que compoñen o deseño das tarefas.
  3. APRENDÍN que en demasiados centros de ensinanza se está poñendo o acento nas TICs e non nas TACs e que transitar pola senda da innovación metodolóxica a todos nos produce incerteza e inseguridade.
Para comezar, penso, que xa abondou!

Ningún comentario:

Publicar un comentario